PaulaaGiL's Blog

Another HISTORY wordpress Blog.-

2ª Rev. Industrial (Resumo-Test)

2ª REVOLUCIÓN INDUSTRIAL, URBANIZACIÓN E NOVAS FORMAS DE CULTURA

1.- Os cambios tecnolóxicos, caracterizados pola diversificación de sectores industriais e a aparición de novos materiais son coñecidos historiográfica-mente como II Revolución Industrial, situámolos entre:1)1870-1890; 2) 1860-1914; 3) 1860-1945.

 2.- Paralelamente ó desenvolvemento tecnolóxico constátanse cambios cualitativos no modo de producción que definen unha fase monopolista do capitalismo, caracterizada: 1) pola concentración empresarial; 2) pola concentración técnica e financieira; 3) as dúas alternativas refiren ó mesmo fenómeno.

 3.- O motor do capitalismo é o beneficio empresarial. A súa obtención pasa non só polo aumento dunha productividade de tipo técnico, senón tamén por unha intensificación racional ou científica do traballo, que coñecida como “taylorismo ten unha manifestación concreta: 1) na cadea de montaxe; 2) no traballo a tempo parcial; 3) na deshumanización ou mecanización do traballo.

 4.- Igualmente, corresponde ó marco histórico da II R.I. a extensión xeográfica do capitalismo co desenvolvemento dunha fase imperialista, caracterizada pola búsqueda de nuevos espacios e mercados protexidos, e a aparición de novas potencias industriais. Entre éstas: 1) Alemaña e Xapón; 2) Gran Bretaña e EEUU); 3) Francia e Rusia.

 5.- Se a Historia dos EEUU no oitocentos é a conquista do Far West e consecuentemente do tren, a Revolución Meiji é o arranque da historia contemporánea de:1) México; 2) Xapón; 3) Exipto.

 6.- A mentalidade do home no 3 1/3 do s.XIX céntrase na capacidade de transformación do mundo a través do progreso científico, o que se reflicte en correntes de pensamento: 1) materialistas e positivistas; 2) idealistas e evolucionistas; 3) progresistas e conservacionistas.

 7.- A existencia humana cambiou radicalmente facéndose materialmente máis fácil como resultado dunhas innovacións técnicas que afectaron a tódolos aspectos da civilización (vida cotiá, comunicación e transporte ou saúde). Cál destas secuencias te parece máis acertada:1) coca-cola, cine e aspirina; 2) lampada eléctrica, teléfono e raios X; 3) máquina de coser, radio e xiringa hipodérmica.

 8.- Thomas A. Edison, membro dunha familia de emigrantes é a personalidade autodidacta que mellor encarna ó innovador técnico deste periodo, por mor da fama que lle reportou a invención:1) do cine e do fonógrafo; 2) da lámpada eléctrica incandescente e do paraios; 3) as dúas son respostas válidas.

 9.- Para amosaren ó mundo as marabillas creadas pola técnica e co obxetivo de intercambiar ideas xorden as exposicións universais. Entre éstas salienta a celebrada en París no ano:1) 1879; 2) 1889; 3) 1899.

 10.- As inovacións técnicas e científicas están asociadas a unha potenciación das universidades, do mesmo xeito que a difusión da prensa nos sectores populares o está coa: 1) aparición da máquina de escribir; 2) da rotativa para imprimir; 3) xeneralización do ensino primario.

 11.- Os rañaceos como novo tipo de edificación que mudará o aspecto das cidades é unha consecuencia por unha parte da intensificación do éxodo rural e incluso da emigración trasatlántica e por outra das novas innovacións técnicas. Entre éstas últimas está: 1) o ascensor e o pararaios; 2) o ferro e o cemento; 3)nengunha das alternativas é correcta.

 12.- A revolución nas artes visuais chámase impresionismo. Caracterízase pola representacións de esceas da vida cotiá con especial atención pola captación de atmósferas e luces, xunto ó recurso a unha técnica: 1) abocetada e de cores primarios; 2) de contornos precisos e pinceladas soltas; 3) de dintornos e cores cálidos.

 13.- Camille Claudel e Auguste Rodin puxeron en boa medida as bases da escultura contemporánea. O seu estilo ben determinado:1)por unha temática de pasión amorosa e erotismo; 2) por un carácter de obra sen rematar ou “non finito”; 3)As dúa son correctas.

 14.- Na cativa participación española á ciencia e á técnica finisecular do s.XIX, denunciada por contemporáneos como Marcelino Menéndez Pelayo, cabe salientar a figura de Santiago Ramón y Cajal, premio Nobel en 1906 pola súa contribución á Mediciña e á: 1) Neumoloxía; 2) Fisioloxía; 3) Hematoloxía.

 15.- O estilo arquitectónico máis orixinal do final do s.XIX foi o Modernismo. En España, este movemento estético que tivo especial predicamento na burguesía catalana, está encabezado por Antonio Gaudí. Entre os seus trazos destaca pola: 1) sobriedade decorativa; 2) renovación das ordes clásica; 3) dinamismo das formas.

 16.- Na pintura española de fin de século XIX, a ruptura coa pintura tradicional academicista esta representada polos “impresionistas” Darío Regoyos e Xoaquín Sorolla. Na Barcelona bohemia, habituais de “Quatre Gats” son: 1) Casas e Rusiñol; 2) Nonell e Hugué; 3) Miró e Dalí.

  17.- Na plástica galega, o esforzo de adaptación á estética dos novos tempos de preocupación pola luz e interese polo paisaxe, está exemplificado por un grupo de pintores que desaparecidos tempranamente son coñecidos como a “xeneración dorida” e da que forma parte:1) Ovidio Murguía; 2) Xenaro Péz Villaamil; 3) Suso Vaamonde.

 18.- O desenvolvemento urbano asociado á revolución industrial modificará a morfoloxía das antigas cidades precapitalistas con proxectos de ampliación que teñen como manifestación moi expresiva a construcción de “bulevares”, é dicir:1) ensanches radiais; 2) avenidas con paseo central arbolado; 3) multiusos con cafetería.

 19.- Outros proxectos urbanísticos afectaron máis á estructura da zonificación das funcións residenciais, administrativa e industriais. Os ensanches con su característico trazado en cuadrícula reflicte o pragmatismo racionalista da burguesía. En España o de Barcelona é un prototipo do que é autor: 1) Antonio Palacios; 2) Arturo Soria; 3) Ildefonso Cerdá.

 20.- A transformación das cidades no s.XIX implicou xunto ás reformas da trama urbana a construcción de novos tipos arquitectónicos como teatros, estacións, bibliotecas ou centro de ensino. En Galicia un nome propio é: 1) Faustino Domínguez Coumes-Gay; 2) Faustino Santalices; 3) Avelino Abilleira.

enero 25, 2010 - Posted by | Resumos-Test

No hay comentarios aún.

Deja un comentario